Crece o acoso escolar e a violencia de fillos a pais





 

As comunidades autónomas detectan un crecemento dos delitos realizados por menores.  En Cantabria dende o ano  2014 este tipo de violencia creceu un 20%. Outrosi ocorre coa violencia  doméstica filoparental, de fillos a pais, que chegou a duplicarse e algo  moi semellante ocorre coa violencia de xénero, aínda que en menor medida. Mantense tamén a tendencia positiva nos casos de acoso escolar. 


O problema que sofren os alumnos non parece menguar en Andalucía onde, segundo un informe realizado pola profesora de Psicología da Universidad de Córdoba (UCO), Eva Romera, para o Centro de Estudos Andaluces, pertencente á Consejería da Presidencia e Administración Local de la Junta. A enquisa revela que tres de cada dez alumnos de primaria sufren bulling nos colexios da comunidade autónoma. A situación diminúe nos centros de ensino Secundario ainda que ese paso ós centros de Secundaria entraña outro problema: o incremento do número de agresores


Segundo diversas manifestacións de asociacións catalanas inmersas no eido educativo, (como a de menores con altas capacidades) o acoso escolar, lonxe de consistir en casos esporádicos ou fóra do corrente, está relativamente estendido de maneira silenciosa entre este colectivo de alumnos, afectando de maneira semellante a estudantes de sexo masculino e femenino, de Primaria e de Secundaria. Boa parte dos casos de bullinyg detectados no cuestionario realizado pola entidade, poden ser considerados de longa duración poi a situación das vítimas xa era coñecida en cursos anteriores.


En Galicia a vida segue igual para moitos acosadores e acosados. Hai pouco máis dun mes un estudiante naronés incorporouse a clase e alí atopou de novo aos seus agresores, uns mozos que levan cinco anos agredíndo ao seu compañeiro. O acoso escolar consiste en insultos, vexacións, humillacións, puñetazos e patadas.
O acoso é coñecido polos profesores e as autoridades educativas da Xunta de Galicia. Os pais do rapaz solicitaron o alonxamento dos acosadores pero a Consellería de Educación optou por mantelos no mesmo Instituto. O bullyng provoca nas vítimas, ansiedade, depresións, aillamento social, baixa autoestima, pensamentos suicidas e malos resultados escolares coa necesidade de tratamente médico ou psicolóxico.

Qué é o acoso escolar

Comentarios

Entradas populares