Sucedeu na Universidade

NA

O profesor
                                                            



Segundo unha información publicada no dixital El diario  un profesor universitario de Valladolid denunciou a difusión de centos de papeis con mensaxes homófobos contra el na Faculdade de Mediciña na que traballa dende hai 19 anos. Correll maricón e socialista, din os panfletos. Foron os de sempre, os intolerantes, maleducados, coas verbas como pedras lanzadas por esas persoas presuntamente civilizadas, tal como nos venden os interesados. 

Se todo aparece dentro das aulas e nas portas dos despachos dos docentes e fácil deducir que son os propios alumnos do centro, señores que van exercer como médicos( o que nos agarda aos vellos).  Señores e señoras que non saben o que é un  código deontolóxico, como tampouco o saben moitos xornalistas, nin moitos médicos en exercicio. Quizais existe algún interese oculto por malformalos como profesionais directamente relacionados coa saúde dos demais, co benestar dos que dependerán deles.  


Existirá algunha incompatibilidade entre o aprendizaxe do coñecemento netamente  profesional e o coñecemento relacionado co compromiso deontolóxico que inclúe o respeto polos dereitos dos outros ? 

Debe ser certa esa incompatibilidade é o motivo de que  futuros  médicos e médicas, mozos e mozas ambicionen moito máis cumprir co deseño dunha carreira brilante que coa  responsabilidade dunha carreira sólida de compromiso coa mediciña e cos pacentes. 
Por iso estes  señores señoras baleiros de vocación compórtanse como calquera bellaco de rúa, ofendendo  a un profesor nada menos que por ser gay e socialista. Non teñen  categoría para exercer tan digna profesión. 





Comentarios

Entradas populares