Once mil catrocentos nenos vítimas da guerra de Siria

Máis de 11.000  nenos morreron na guerra civil de Siria, iniciada hai máis de tres anos. Centos deles foron vítimas de francotiradores ou asasinados selectivamente, segundo un informe que contabiliza a cantidade de menores que finaron a cuasa do conflito e cal foi a causa da súa morte.

O estudo realizado polo  Grupo de Investigación de Oxford, un centro independende de estudos de seguridade global, sinalando que os nenos de ata un ano de idade foron vítimas de execucións sumarias e foron torturados. Todos eles menores de 17 anos. 







 

A maioría dos rapaces, segundo o documento, morreron polas bombas e proxectís nos seus propios vecindarios. Sete de cada dez finaron por explosivos e un de cada catro por balas. 

Nas guerras a violencia non repara nas vítimas e os nenos son moito máis susceptibles de resultar obxectivos daqueles que buscan realizar danos xeradores de máis odio e vinganza. A espiral da violencia. Un informe elaborado pola ONU  ratifica que a violencia sufrida por menores  nos conflitos é dun 80  e un 90%. Os nenos e as nenas sofren violencia física, psicolóxica e sexual. 

E a nosa sociedade finxe que non sabe o motivo da chegada dos refuxiados, mesmo moitos preferirían velos mortos antes de velos chegar aos nosos territorios.  
 

Comentarios

Entradas populares