A violencia de xénero

Enche as mans de noces e castañas,

fúndeas na terra profunda.

Respira







Apoiados por groseiros discursos de bar e malecón as manadas rifan polo mellor espazo onde exercer de matóns. A xustiza míraos moito pero non os ve. E nesa hipocresía enganadora os infundios e as calumnias que teñen como protagonistas ás mulleres medran e medran até chegaren a esas rapazas de Pamplona, apuñalada unha e ferida por vida a outra. E os maltratadores sementando pesticidas sobre ávidos campos. Esta si que é a violencia patricarcal en estado puro. Fixéronllelo e fanllo as mulleres que descubriron as pegadas dese patriarcado, igual por algo tan sinxelo como ser louras e ter os ollos azuis.


No entanto e neste contexto que nos ocupa a esa perversión debe engadírselle a obsesión e a fixación enfermiza cara a elas por parte de misóxinos profesionais organizados para delinquir. Egos falsamente emponderados liderando as humillacións e o escarnio, homes que gozan entre eles pactando en secreto a maneira de fundilas, que seguen os seus pasos, que as perseguen, que as asexan nos seus desprazamentos, que presumen entre eles de saber todo o que fai e a onde vai e tamén a maneira de botarlles o lazo. En cada colectivo, en cada grupo, en cada comunidade hai mulleres susceptibes de ser enmerdadas polas manobras dos depredadores.


Algúns nadan como peixes nas augas desas contornas: As mulleres como M. mellor mortas. Canto noxo cando se fai visible tanta malasaña. Un grupiño pequeno de mulleres recordaba cando C.  foi obrigada a subir a un coche por dous inviduos que tramaran levala a un barquiño dende Cochabamba dos Neboeiros. A ética, a estética e a moral están do seu lado, malia seren descubertos. Desgraciados. 

As propias mulleres equivocámonos moito cando non poñemos por diante a sororidade fiminina correspondente.


Homes compinchados maleando a outros homes, no futuro os seus propios cómplices.

Individuos sentidamente orgullos das Manadas, auténticos admiradores dos animais aos que aplauden como ás feras dun circo, dándolle pulo aos agresores.

Pero hai moito máis,observar como os sapos vanse metendo no caldeiro, como a perversidade vaille dando pulo ó populacho, como as presións do grupo de maltratadores posicionan aos que miran para que se impliquen máis e máis. A  inicial indiferenza ante o mecanismo dos maltratadores non era mais que o preámbulo dunha conversión perversa que os foi transformando en activos axentes da violencia misóxina.

Algunhas mulleres confórmanse con reproducir os mesmos roles dos homes macho, prefiren ser iguais a diferentes, perpetuando así esa ideoloxía dos falsos empoderamentos de depravados e malévolos que ademais de asasinarnos, con ou sen previo aviso, elíxennos como obxectivos, presas fáciles e rendibles coas que encher de esterco as súas biografías.
































Comentarios

Entradas populares