Resposta tardía




31 de outubro de 1989

Ten 83 anos e unha vida con moito que contar, sempre na vangarda das revoltas e volteretas do mundo,  conserva o verbo e a fala que forxou a súa particular loita pola xustiza popular.

Hai unhas semanas díxolle a un home que o escoitaba: ti sempre tiveches moito sentido do humor e non o vaias a perder agora, na invernía. O home non dixo ren mais recordoulle que para falar de humor, sobre todo do máis cáustico, debería recordar o do seus comúns  irmáns de credo, desa esquerda da palabra de Deus que practicaba coas espadas e cos ferros da moi santa cruzada do fundador. Pero San Benito, que sempre tivo unha boa memoria para o que lle conviña, prefire non saber do que non sabe e goza soltando perlas cativadoras entre amigos deixándolles así a palabra, a verba xusta.

O home botou moitos anos fóra e viña mancado por tanta carraxe deixada nas selvas dos que non comen pan. Neste lado do mar deixara ese amor de home que sacrifica a súa vida para atopar a Deus.
Que o deixou alá está asegurado, aquí perséguelle a sombra do diaño de San Telmo, con el toma agora  o viño e o pan que Deus non lle quixo dar alén do mar.

Comentarios

Entradas populares