Vixiados

Pois si vivimos vixiados constantemente a través das redes sociais e dos teléfonos móbiles que utilizamos sen ser conscientes do que supón a tecnoloxia que utilizan os novos smartphones . Entramos e saimos dos edificios, paseamos polas rúas e sempre rodeados de cámaras. Un aparello normaliño pode servir de medio de espionaxe incluso cando non está sendo utilizado pois existen sofisticadas aplicacións que se introducen no sistema  través das mensaxes e outras aplicacións de software.


                                     Enrique Dans 


O ano 2015 a xornalista experta en Cultura e Tecnoloxía de El diario, Marta Peirano, poñía o foco sobre esa vixianza nunha conferencia titulada ¿ Por Qué Me Vigilan Si No SoyNadie?. Explicaba Peirano como dentro dunha praza pública onde se manifestan miles de persoas, todos e cada un dos participantes está controlados a través dos seus móbiles así como as conexións que realizan entre eles, amosando como funciona o sistema a través dos nodos desas interaccións tecnolóxicas.

Os móbiles son pequenos computadores que teñen unha aplicación para facer chamadas telefónicas ou unha cámara de fotos, pero o seu forte real son as aplicacións que permiten que calquera poida abrir a cámara ou o micrófono. A súa complexidade e posibilidades de manipulación son enormes.  David Maeztu, un avogado especializado en novas tecnoloxías, advirte que un teléfono intervido, unha vez que soa ou avisa dunha chamada, aínda que non se descolgue, permite acceder ás conversas sostidas diante dese aparello.

Cando se conceden máis e máis permisos ás aplicacións que se instalan nos móbiles e nas tabletas, se está facilitando todo tipo de datos aos propietarios dese produto: incluso a axenda de contactos cos que se interactúa. De feito son aplicacións espía que invaden a intimidade e se destinan a calquera tipo de uso ilícito.



Comentarios

Entradas populares