Se non te axeonllares




A demonización ou satanización é unha técnica retórica e ideolóxica de desinformación, a alteración e manipulación de feitos e descricións que consiste en presentar a unha persoa, etnia ou relixión como nocivas. É unha obsesión realizada a conciencia, como fixeron os nazis cos xudeos, de facer dunha figura un indesexable, culpabilizar a quen se odia, encontrar un pretexto para condenalo e desfacerse del. Por ciumes, pola competencia laboral que o sistema impón nas empresas. O  acoso moral é unha práctica recorrente na que se ven envoltos moitos traballadores que non denuncian por imposibilidade de demostralo ou por non buscar asesoramento experto oportuno.  


As persoas que se integran nun gang de acoso sempre buscan un motivo no que xustificar a súa conducta, necesario tamén para poder implicar a persoas que lle dean prestixio e nobleza a esa persecución. A demonización é parte fundamental de calquera caso de acoso, ambolosdous forman parte da mesma estratexia de hostigamento, o mesmo que ocorre coas presións e apremios para conseguir algo en contra da vontade de alguén ou co único fin debilitalo, linchalo e aniquilalo a todos os niveis. Cando  o acoso é grupal e ten motivacións vingativas,  ideolóxicas ou políticas, poden existir falsos fedatarios e sobornos.     


Primeiro tratan de desestabilizaás vítimas, crearlles un estado de estupor, malestar e rabia que provoque nelas a ira suficiente para caer nunha reacción impulsiva. Desequilibralos. Logo, utilizarán as probas desa reacción de defensa para atacar de novo, pero xa con máis virulencia.   Cando a vítima é consciente do que realmente ocorre e os acosadores o saben, van a por ela sen remedio.


Os demonizadores recorren a sentimentos para manipular aos que tratan de convencer, máis con estes que con razóns, usando palancas de interese. Manipular feitos é o mecanismo máis doado e recorrente, ademais de impedir á vítima que, de ningunha maneira, poida defenderse ou explicarse pois iso forma parte do castigo. Na demonización a influencia pública dun individuo ou sector cun grao elevado de visibilidade, estimúlase  unha reacción de descredito que elimine as retriccións morais e legais para actuar en detrimento da persoa demonizada, que pasa a ser un obxecto deshumanizado co cal se pode xogar, sen ningún tipo de reparo, por formar parte da lama na que eles transforman todo. 

Os acosadores nunca falan abertamente cos acosados e sempre o fan mediante mensaxes máis ou menos susceptibles de ser entendidos, moitas veces subliminais ou encriptados e sempre contraditorios, que os acosados deben interpretar. É unha maniobra que tamén utiliza a propaganda negra e que trata de desestabilizar aos obxectivos do acoso. Os integrantes dun gang demonizan, chantaxean, impoñen, humillan, denigran, culpan e castigan, tratando de impoñer o seu poder. Os acosados non deben caer nunca nas falsidades dos presuntos salvadores que xogan cos sentimentos e coas dores das persoas, nun dobre xogo, con trampas creadas por eles mesmos. Cando perceben que a vítima quere escapar da persecución acuden a todo o poder que pensan que teñen sobre ela. Non é algo que poida ser sutil, nin suave enfrontar. Na coxuntura social, política e económica que vivimos é unha maneira de trasladar as frustracións  e impotencias no manexo das propias vidas, buscando sustitutos nos que descargar o peso que agobia ao ser humano. 



                                                Psicólogos en la red

Acosadores e acosados
Os candidatos a demonizar 
non necesariamente  son cargos públicos, pode ser calquera, un traballador dunha pequena empresa ou un neno. É bastante común que aquel ou aquela que sobresae por algo, pasa a ser nun momento dado e dadas tamén unhas circunstancias propicias, obxectivo dos demonizadores, o elixido ou a elixida. Ás veces os demonizadores, que sempre foron inimigos, vaga ou claramente declarados, levan anos agardando o momento de soltar o lastre.  

Os acosados deben, canto antes, poñer o acoso e o hostigamento en coñecemento das autoridades policiais, con independencia doutras accións destinadas a resolver conflictos, se os houbese. Contactar con asociacións especializadas. 

Entre os demonizadores hai sociópatas que non soportan os agravios sufridos ou o éxito, a popularidade ou as relacións doutros, que eles consideran menos capaces ou con menos cualidades que eles mesmos. Os instigadores dun gang son sempre perversos narcisistas. Cando unha frustración é grupal funciona a lei do cangarexo. Un balde cheo de cangarexos non precisa tapa para evitar que se escapen, cando un está por sair sempre aparece outro que o enganche coa súa tenaza ou pinza e o volva a meter no montón. Cando iso ocorre entre os seres humanos, o resto dos cangarexos, parece sentir liberación.




Comentarios

Entradas populares