Os camiños da convivencia ( 1982)


Había un ano do 23 F, cinco anos do asasinato dos avogados de Atocha, catro da aprobación da Constitución, Felipe González albiscaba a Moncloa e o cambio social e político invadía as rúas. ETA levaba asasinadas a máis de 40 persoas. En Galicia os partidos políticos de esquerdas e nacionalistas andaban á procura de afiliados e militantes cos que enfrontar a nova etapa, uns á contra e outros a favor do desenvolvemento daquela transición política á democracia, eivada pero a posible. Nesa coxuntura os movementos dentro das organizacións acelerabanse. Unhas veces pola inercia  sempre divididas en tribus, e outras pola necesidade de darlle pulo a aquel cambio político en cernes.








Pero a paz e a democracia eran unha utopía e as armas do odio vivían ergueitas como palmeiras reais. Nin ETA deixou de matar nin os que aparentemente acataban, de mala gana, aquel cambio estaban dispostos a que fose un camiño de convivencia, nin nada parecido. Tomar partido por uns ou por outros era unha gran traición, unha traición tan inesquecible que houbo a quen lle deixou as marcas do odio impresas para sempre, tamén é certo que hai quen ven a este mundo marcado e nada se pode facer. Cando hai uns días lin nun xornal unha columna de prensa na que se facía referencia “al bicho dañino” ademais de facerme gracia acordoume que para  falar, incluso de zooloxía, habería que recuperar os manuais, pois os peores non son aqueles  que dan a cara, para todo, senón os que se moven polo chan e sacan a cabeciña só para ver as consecuencias do seu dano, sempre moi superior ó infrinxido polos outros. 

Malas querencias e  resentimentos sen tregua durante máis de 30 anos, ata hoxe. Disque é de Victor Hugo aquela frase de que canto máis pequeniño é un corazón, máis odio alberga. E ese odio é de tal calibre que non convoca unha lapidación pública( morte a pedradas) dos desafectos porque non se da a coxuntura, mais estou certa de que facer ese acto na praza do pobo tampouco calmaría a súa fame. 

Alén das metáforas, aos meus amigos deixaron de convidalos ás celebracións,  aos fillos ós cumpreanos e foron sometidos a ese boicot tan popular dunha pretendida  marxinación social. Xa daquela, ano 1982, facíanse chamamentos inequívocos ao odio persoal e político, con agresións físicas incluidas. Pequeniños houbo e haberá sempre en todos os lugares, mágoa esa odiosa herdanza que lle deixan aos fillos. D. Serapio non deixou aínda de predicar e, curiosamente, nunca se sabe nada dos que poñen as bombas.   

Cando ese animal venta non hai monumento, rúa, placa ou medalla que poida con él. 

Comentarios

Entradas populares