Gracias por estar


Gracias infinitas a todos os que, contra vento e marea, estivéchedes aquí, acompañando. Gracias polas palabras, polas cartas, por esa amistade incondicional, gracias por estar e demostrar que sodes persoas libres e con criterio, Que sodes moito máis que amigos e que nunca caeredes nos trampantoxos. Que falades de frente, que non utilizades o sarcasmo, que sodes  persoas nobres. Que non vos achegades aos demais por interese, que sodes humanos verdadeiramente libres e sans. Que non vivides encadeados a ningunha ideoloxía ou relixión.

A todos vós, amigos e amigas, moita felicidade e os mellores desexos para este novo ano.
Gracias.



Comentarios

Entradas populares