Un estudante de 20 anos suicídase en Tuy , Pontevedra


                                                      

Alejandro Pérez, estudante do Instituto Indalecio Pérez Tizón de Tuy suicidouse como consecuencia dun posible acoso de compañeiros. 
Un grupo de alumnos culpabilizou telemáticamente a unha das súas compañeiras.  

As autoridades educativas informaron da posta en marcha do protocolo para estes casos, un instrumento que ten como finalidade protexer a esa alumna sinalada polos compañeiros. 

O suicidio é un trunfo para calquer acosador,  pero as administracións poñen en marcha os protocolos cando xa non hai remedio.

A destrucción debe ser lenta para conseguir un crime perfecto pois dese modo  fan crer que non é o agresor quen mata senón a propia vítima a que se infrinxe o dano. Esta violencia  en ocasiones aboca aos rapaces ao suicidio e aí é onde reside o trunfo do acosador moral, pois ese é o seu propósito final.   

O bullyng ou acoso escolar denomina a actividade dos típicos matóns de clase. E dicir aos maltratadores psicolóxicos ou físicos dentro do ámbito educativo. É un fenómeno caracterizado pola intimidación do abusador sobre a víctina á que seguramente envexa, séntese superior e goza co sufriemento do outro. . A exposición repetida a esa condición por parte da vítima leva consigo consecuencias tan graves  como  pegadas indelebles coas que terá que convivir ou mesmo o suicidio.  


IES  TUY





Comentarios

Entradas populares